Galega 100%Recoñecemento do noso compromiso coa calidade e con Galicia
O día 3 de febreiro de 2011 Feiraco obtivo a licenza de uso da marca GALEGA 100 % nas súas marcas comerciais Feiraco Unicla, Feiraco Enteiro, Feiraco Semidesnatado, Feiraco Desnatado e Feiraco Hostalería. A marca Galega 100 % é un distintivo de garantía propiedade da Asociación Laboratorio Interprofesional Galego e Análise do Leite (LIGAL), que garante que a materia prima dedicada á elaboración de leite e produtos lácteos procede exclusivamente de explotacións inscritas no rexistro de explotacións leiteiras de calidade diferenciada, creado polo Real decreto 57/2010 do 8 de abril. O rexistro de explotacións leiteiras de calidade diferenciada é un rexistro público informativo de explotacións leiteiras que, no marco dos controis oficiais efectuados pola Xunta de Galicia, demostran acadar de xeito continuado uns parámetros de calidade superiores aos esixidos pola norma comunitaria. Os requisitos para formar parte deste rexistro son:
|