Descrición
O leite é unha bebida completa e equilibrada, fundamental para unha alimentación sa en todas as etapas da vida. Como fonte de calcio, o leite contribúe ao desenvolvemento dos nosos ósos, pero ademais, achégalle ao noso organismo ácidos graxos esenciais, proteínas, vitaminas e minerais.
Consumindo Feiraco nunca terás dúbidas sobre a ORIXE e a CALIDADE do leite, xa que procede exclusivamente das explotacións dos nosos socios cooperativistas, todas localizadas en Galicia. Ademais, en Feiraco temos implantado un sistema integrado de calidade e inocuidade dos alimentos baseado nas normas UNE EN ISO 9001 e UNE EN ISO 22000, por iso fomos a primeira marca en obter a marca de garantía Galega 100 % e a única en ter as tres marcas de garantía con maior recoñecemento en Galicia: Galega 100%, Letra Q e Galicia Calidade.
Preséntase en formato brick de 1l.
Información Nutricional
Ingredientes: leite de vaca enteiro.
Valores nutricionais medios por 100 ml:
| Valor enerxético |
208kj/49kcal |
| Proteínas |
3,1g |
| Hidratos de Carbono |
4,6g |
| Graxas |
3,6g |
| Calcio |
120mg(15% CDR) |
Marcas de Garantía
Consellos de conservación
Conservar nun lugar fresco e seco.
Unha vez aberto, conservar en frigorífico.
Vida útil, catro meses.