UNICLA SEN LACTOSA

Descrición

Unicla sen lactosa de Feiraco

UNICLA SEN LACTOSA está especialmente pensado para as persoas con dificultades para dixerir a lactosa que desexen seguir gozando dos beneficios naturais do leite.

É 100 % leite UNICLA, non un preparado lácteo. UNICLA é leite UHT semidesnatado cun 1,8 % de materia graxa producida de forma 100 % natural e moi saudable, xa que contén un 18 % menos de graxas saturadas e catro veces máis CLA e omega 3 ca o leite habitual.

Para eliminar a lactosa, o leite Unicla é sometido a un proceso de hidrólise enzimática mediante o cal a lactosa se desdobra nos seus compoñentes, glicosa e galactosa.

Características organolépticas: A textura e a cor do leite Unicla sen lactosa son idénticas ás do leite Unicla. O seu sabor, non obstante, é lixeiramente máis doce.

Información Nutricional

Ingredientes: leite UHT 1,8 % M. G. sen lactosa.

Valores nutricionais medios por 100 ml:

Valor enerxético 208kj/49kcal
Proteínas 3,1g
Hidratos de carbono, dos cales 4,8g
   Azucres 4,8g
   Lactosa <0,01 g
Graxas, das cales 1,9g
   Saturadas 1,1g
   Monoinsaturadas 0,65g
   Poliinsaturadas 0,15g
   Omega 3 0,03g
   CLA 0,034g
Fibra alimentaria 0g
Sodio 0,04 g
Calcio (15 % da C. D. R.) 120mg

Marcas de Garantía

Galega 100% Letra Q Galicia Calidade 1er Premio europeo 2009 a la Innovación Cooperativa

Consejos de conservación

Conservar nun lugar fresco e seco.
Unha vez aberto, conservar en frigorífico.
Vida útil, 3 meses.

Síguenos en Facebook:
Feiraco en Facebook
Número o consumidor Feiraco: 900 101 899