O Método Feiraco

Calidade de Principio a Fin

O Método Feiraco

O método Feiraco "calidade de principio a fin" ten as súas orixes no noso modelo de organización cooperativo que nos permite controlar e optimizar todos os procedementos desde a primeira fase do proceso produtivo.

  • Recollemos unicamente leite dos nosos socios gandeiros.
  • Asesoramos os nosos gandeiros a través dun equipo técnico propio.
  • Deseñamos e fabricamos os nosos propios pensos a medida das ganderías.

Ademais, en Feiraco temos implantado un sistema integrado de calidade e inocuidade dos alimentos baseado nas normas UNE EN ISO 9001 e UNE EN ISO 22000. O alcance deste sistema abrangue toda a cadea de fabricación, desde a produción gandeira de leite de vaca nas explotacións ata o envasado e comercialización de todos os nosos produtos lácteos.

Proba do noso compromiso coa calidade son as certificacións obtidas recentemente:

  • ISO 9001
  • IS0 22000
  • Galicia Calidade
  • Letra Q
  • Galega 100%
  • ISO 220000 en las explotaciones

A proximidade destas explotacións á nosa fábrica de envasado minimiza o tempo de transporte, clave para conservar o sabor e as propiedades nutricionais do leite.

Síguenos en Facebook:
Feiraco en Facebook
Número o consumidor Feiraco: 900 101 899