RSC

Un valor propio de Feiraco desde su constitución

RSC

A responsabilidade social, un valor propio desta cooperativa.
Un principio básico desde a súa constitución.

A estratexia de Feiraco aséntase en tres piares fundamentais: a calidade, a innovación e a Responsabilidade Social Corporativa.

A responsabilidade social supón a integración voluntaria das preocupacións sociais, laborais, medioambientais e de respecto aos dereitos humanos por parte da organización no seu goberno de xestión, na súa estratexia e mais nas súas políticas e procedementos. Estas preocupacións xorden do diálogo transparente cos grupos de interese, e fan posible que deste xeito Feiraco se responsabilice das consecuencias derivadas das súas accións.

Seguindo estes principios, en Feiraco estamos comprometidos co desenvolvemento económico, social, laboral e medioambiental do noso contorno e de todos os axentes implicados no noso labor.

Todos os grupos vinculados a esta empresa traballamos para mellorar cada día a xestión dos nosos procesos co fin de que a calidade, a innovación e a seguridade sexan o signo de distinción dos nosos produtos e servizos. Así xeramos riqueza no noso contorno, servizos útiles aos nosos clientes e estabilidade laboral no seo da organización.

Este modelo de traballo está asentado na empresa desde hai tempo. Xa no ano 1995 demos un gran paso cara a xestión da RSC coa creación da Fundación Feiraco, que conta cunha clara vocación de apoio social e cultural na nosa área de influencia.

Ser responsables é a única vía cara a nosa sustentabilidade. A responsabilidade constitúe un valor propio e continuo en todo o equipo e distínguese como o trazo principal da nosa identidade cooperativa no que apoiamos a xestión de cada día.

Xestionar responsablemente nace de ser consecuentes cos valores que compartimos: a calidade, o desenvolvemento e o respecto. Calidade non só de produtos e servizos, senón tamén de vida e de emprego, calidade de principio a fin. Desenvolvemento da propia empresa e do noso contorno, entendido como desenvolvemento económico e de calidade, con base na innovación, e todo isto inserido nun marco de respecto ás persoas e ás súas relacións sociais.

Os nosos valores están presentes en cada un dos tres niveis da RSC. Sendo consecuentes con eles conseguimos ser unha empresa viable economicamente, coidadosa co medio ao que estamos unidos e coa sociedade que formamos.

Con base neste modelo foinos recoñecida a nosa xestión coa entrega en xaneiro do 2011 do 1° Premio ás Cooperativas Socialmente Responsables.

Síguenos en Facebook:
Feiraco en Facebook
Número o consumidor Feiraco: 900 101 899