Empresa

O COMPROMISO FEIRACO

 
   Feiraco ten un proxecto estratéxico de innovación que enmarca a filosofía que preside a incorporación do coñecemento científico ao desenvolvemento da súa actividade. Está encamiñado a optimizar, de maneira natural, ao perfil nutritivo dos produtos de orixe animal, engadir valor ás producións agropecuarias galegas e contribuír á humanización e dignificación das tarefas propias desta actividade.

   Tratase dun proxecto novo no sector, porque, afectando a toda a cadea produtiva, implica especialmente ao sector primario, buscase a mellora da calidade da leite a través da alimentación e ao coidado das vacas, e non pola vía da incorporación de aditivos ao largo do procesamento industrial. Así, os gandeiros participan non só co aseguramento da salubridade, senón na mellora radical da calidade nutritiva entendida dende a perspectiva da contribución á mellora da saúde dos consumidores. Dita estratexia concretase en accións de I+D+I que desenvolverá Feiraco coa colaboración de universidades e centros de investigación. Nela participan, por agora, dez grupos de investigación das tres universidades galegas e centro tecnolóxicos da Xunta de Galicia. O Proxecto Hesíodo nace como resultado da consunción de varios factores estratéxicos da cooperativa, tanto de cara os socios como á propia cooperativa.
 
Foto Granxa de vacas
Foto Cadea de envasado Feiraco