![]() ![]() ![]() ![]() ![]() HISTORIA![]() ![]()
A constitución da Cooperativa Feiraco remóntase ao ano 1968 coa denominación de COOPERATIVA FORRAXEIRA DE NEGREIRA (FEIRACO).
Naceu a partir dun numeroso grupo de agro gandeiros das parroquias situadas no Val de Barcala (Zona de Negreira-A Coruña) que, a súa vez, estaban integradas en Cáritas Interparroquial de Negreira coa preocupación de mellorala situación económica e social dunhas familias cunha economía de subsistencia. Os Concellos e algunhas institucións públicas tamén colaboraron nos primeiros momentos, sempre baixo a dirección e a inspiración de D. Xesús García Calvo (actual presidente de honra) asistido polo Consello Reitor. O primeiro paso foi dirixido cara a construción dunha fábrica de forraxes (pensos compostos) para a alimentación do gando vacún, ademais doutras iniciativas como importación de becerras de alta xenética, compra de sementes, comercialización de fertilizantes químicos, etc. A fábrica inaugúrase no ano 1970 (o 10 de xuño prodúcese o primeiro penso), para ser remodelada e ampliada no ano 1992, pasando por sucesivas innovacións. Despois da posta en marcha da fábrica de pensos, constitúese unha nova sección (FEIRALATO) para a comercialización directa do leite dos socios produtores a través da industria láctea transformadora (1º de setembro de 1971). Entre os anos 1975 e 1977 ponse en marcha o envasado de leite uperizada (UHT en tetra brik) dando un paso máis coa inauguración da nova planta de transformación de leite e pásase á comercialización directa co nome de FEIRACO. ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() Feiraco, Sociedade Cooperativa Galega. Descubra a nosa gama de produtos:
Leite enteiro,
leite semidesnatado,
leite desnatado,
leite con calcio,
leite Unicla,
nata líquida,
preparado lácteo Laban,
batidos de chocolate,
iogures pasteurizados despois da fermentación sabor
fresa o
natural,
queixo de tetilla,
queixo arzua,
queixo para sandwich.
|