Iogur Feiraco Fresa

DESCRICIÓN DO PRODUTO

 
   Yogur + é un novo iogur líquido da cooperativa integrase na gama de produtos saudables da firma. É un novo iogur líquido pasteurizado despois da fermentación, dispoñible no mercado dende este mesmo mes de xuño, de larga conservación e elaborado en dous sabores, natural azucrado e con polpa de fresa.

   Tratase dun alimento prebiótico, que axuda a coidalo intestino, xa que conten inulina, unha fibra natural activa que estimula o correcto funcionamento do tracto intestinal, favorece a absorción de nutrientes e potencia do sistema inmunolóxico. O Iogur + non necesita conservarse no frío e ten unha larga vida, con ata catro meses de fecha de consumo preferente.
 
Iogur Feiraco Fresa