![]() ![]() ![]() ![]() ![]()
![]() DESCRICIÓN DO PRODUTO![]() ![]()
O Vertixinoso proceso de inmigración que vive España abre importantes nichos de mercado para as empresas. Feiraco, a través de
diferentes estudos do mercado, detectou a necesidade latente no mercado español de produtos alimenticios procedentes dos seus países de orixe, viron
como unha oportunidade de negocio e como un elemento básico para favorecer a súa integración no noso país. Feiraco foi a primeira en constatar que os
700.000 marroquís afincados en España non encontran nos establecementos comerciais o produto básico nos hábitos alimentarios : O laban.
Unha vez máis, o concepto de colaboración cos socios aporta resultados positivos: a colaboración entre A Universidade de Santiago de Compostela, Feiraco e Chr. Hansen resultou nun produto final. Tras máis de dous anos de investigación e desenvolvemento de parámetros específicos, obtense un produto lácteo fermentado para a comunidade árabe en España. O Laban e unha leite fermentada de pasteurización alta, o que quere dicir que someteu a un proceso de fermentación que orixina unha diminución na lactosa, polo que así e máis dixerible, por outro lado, a alta pasteurización que torga ao produto maior esterilidade, calidades para mellorar o noso benestar. Tralos pertinentes estudos tanto cualitativos como cuantitativos para estudar a súa viabilidade dende tódalas súas perspectivas, realizouse un número importante de ensaios en colaboración co Aula de Produtos Lácteos da Universidade de Santiago de Compostela e a empresa danesa Chr. Hansen, e así poder conseguir os estándares da calidade desexados cos cultivos de Chr. Hansen. Paralelamente e dende o principio, traballouse no packaging do produto, facendo especial hincapé neste posto que é principal fonte de información para os consumidores. Incorporáronse códigos facilmente entendibles e representativos da cultura árabe. A comunicación do brik realizase en castelán, árabe, francés, inglés e portugués, de maneira que así vencese as barreiras lingüísticas. Por todo isto, o Laban Feiraco cumpre dende o punto de vista a situación do consumidor os seguintes requisitos: é innovador, é cómodo, proporciónalle goce e é saudable, posto que é beneficioso para o tránsito gastrointestinal. Grazas á colaboración entre Feiraco, o Aula de Produtos Lácteos e o provedor Chr, Hansen, a comunidade árabe dispón no mercado español dun produto con raíces culturais. ![]() ![]() ![]() Feiraco, Sociedade Cooperativa Galega. Descubra a nosa gama de produtos:
Leite enteiro,
leite semidesnatado,
leite desnatado,
leite con calcio,
leite Unicla,
nata líquida,
preparado lácteo Laban,
batidos de chocolate,
iogures pasteurizados despois da fermentación sabor
fresa o
natural,
queixo de tetilla,
queixo arzua,
queixo para sandwich.
|